O Centro Sociocomunitario organiza tres charlas sobre coidados

O Centro Sociocomunitario do Carballiño programa para os vindeiros días varias charlas. Serán todas ás 16:00 horas e compre resaltar que todos os que queiran participar deberán inscribirse nas instalacións do centro para facer un control de aforo. Está dirixidos a pacientes, familias e poboación en xeral. Estarán impartidos por Enrique del Arco, licenciado en farmacia e técnico de prevención de riscos.

O primeiro deles, o día 30 de novembro, será sobre mobilización e coidados de persoas dependentes. O segundo, será o día 1 de decembro, e tratará a prevención de infeccións e vacinas e o uso seguro de medicamentos. O último será o día 10 de decembro, e leva o nome de “Coidando ó coidador”.

AVANTAR ACTIVIDADES