O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e a Directora Xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez, representaron esta maña a Xunta de Galicia na celebración do centenario da declaración
de Santa Comba de Bande como Monumento Nacional; un 11 de agosto do ano 1921.
Trátase dun Ben de Interese Cultural (BICs) no que a Xunta está a investir permanentemente na súa conservación e na divulgación do seu legado único. Proba delo foi a recente visita do 17 de abril do Vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, onde fixeron o anuncio da rehabilitación integral da reitoral que suporá un investimento de 424.000 euros por parte do Goberno galego.