
Á espera de que se coñeza a orde completa do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en relación coa obriga de solicitar certificados na entrada dos negocios de hostalería, onte á media noite entrou en vigor a outra opción da Xunta para facer fronte a esta negativa. As novas medidas implican a redución de capacidade dentro dos bares e restaurantes dos concellos a nivel máximo (ningún na provincia) e alto (O Barco e Verín).
Os establecementos poderán acoller o 30% da clientela dentro, que non terá que presentar certificados para acceder. Na terraza, a ocupación non varía: 50% nos dous casos, cun máximo de 10 persoas por mesa.
No que repecta á vida nocturna, a nova disposición da Xunta implica unha redución ao 30% en interiores nos concellos de nivel medio (Ourense, Avión, Carballiño, entre outros) e media baixa ( 79 concellos da provincia).