Galicia rexistra 604 contaxios novos nas últimas 24 horas

IES CHAMOSO LAMAS

A comunidade galega rexistra hoxe 604 contaxios, un ritmo de novos positivos que  supera o medio millar, por segundo día consecutivo. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 12.119, unha cifra que descende en preto de 600 casos nesta xornada. A ocupación das camas dos hospitais por enfermos covid hoxe presenta un equilibrio. Do total de pacientes positivos en Galicia, 60 (-3) están en UCI e 264 (+5) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras  rexistra hoxe 55 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais baixan ata os 740 casos activos,  50 menos nesta xornada. Os hospitais hoxe presentan 29 (+4) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 6 (=) na UCI.

HIPER MASIDE