Hoxe comezou a vacinación dos nenos entre os 12 e 13 anos da provincia

A Área Sanitaria de Ourense Verín e o Barco de Valdeorras comezou hoxe a vacinación de nenos menores de 16 anos coa cita de 4.399 nenos entre os 12 e 13 anos. Este adianto no programa de vacinación produciuse logo de que a Xunta de Galicia decidise avanzar na inmunización dos máis pequenos para comezar o curso escolar xa inmunizados, apremiando o tempo a finais deste mes de agosto.

En Expourense chamáronse 3.691 convocados en quenda de mañá e tarde para hoxe, no hospital de Valdeorras, 434 e no hospital de Verín, 274. Todos os convocados recibiron inxeccións de Moderna.

AVANTAR ACTIVIDADES

María Vieira, de 13 anos, foi a primeira adolescente da provincia vacinada contra o coronavirus a primeira hora desta mañá.