Este venres, visita teatralizada en Moldes, Boborás

Este venres, día 27 de agosto ás 22.30 h, haberá unha nova visita teatralizada en Moldes, Boborás. O punto de encontro será nos Alpendres da Feira. Esta será a última, logo das que se celebraron en Pazos de Arenteiro e en Astureses.

Todas actividades son gratuítas e para os que queiran asistir deberán reservar praza no teléfono do concello 988402008.

AVANTAR ACTIVIDADES

Estas actividades entran dentro das programacións de Cultura no Camiño da Xunta de Galicia e da Deputación de Ourense.


VIDEO SPOT BOBORÁS en BADAL TV