O autobús móbil de doazón de sangue estará mañá no Carballiño

Na xornada de mañá, o autobús móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue desprazarase ata o Carballiño. Estará ubicado, coma sempre, na Praza do Emigrante. En horario de mañá, estarán dispoñibles dende as 10:00 ata as 14:00 horas, e en horario de tarde, dende as 16:00 ata as 21:00 horas. Recordamos que se pode acudir con ou sen cita previa.