O FETEGA presentou esta mañá a súa 32ª edición, que será do 5 ó 7 de setembro no Carballiño

IES CHAMOSO LAMAS

Hoxe martes 31 presentouse no Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense a programación completa da 32ª EDICIÓN DO FESTIVAL DO TEATRO GALEGO, que se celebrará no Carballiño do domingo 5 ao martes 7 de setembro. O acto tivo lugar ás 11:30 h, e nel presentáronse as diferentes actividades como obradoiros, mesas redondas, monólogos e teatro de sala.

Moitas das actividades serán de balde, agás as representacións nocturnas, no auditorio municipal, a prezo reducido de 8 euros cada función. Ademais, haberá un pack especial para as 3 funcións a un prezo reducido de 21 euros. Os monólogos cómicos custarán 5 euros, e o pack para os tres espectáculos, 12 euros. O bono FETEGA, as tres funcións do Auditorio municipal, incluída a gala de premios, e os tres monólogos da Casa da cultura, pode adquirirse tanto na web como na billeteira, por 30 euros.

OZOCOgz Deseño Galego

A gala do martes 7 que pecha o festival cos premios “Dorotea Bárcena”, estará conducida por Arantxa Treus, gañadora na edición anterior do premio á mellor monologuista. O xurado 2021 que avaliará as obras a concurso está composto por Luma Gómez, Eduardo Alonso e Miquel Insua. As mesas redondas arredor da muller (ver dossier p.13 e 14) serán de balde.

Agradeceron ás máis de 100 obras presentadas a valoración, aos establecementos colaboradores do Carballiño q repiten e aumentan cada ano, voluntarios, e actores que nos mandan vídeo, así como a actores e actrices presentes, aos medios, e ao público do Carballiño e quen se achega a gozar do teatro. Finalmente, agradeceu o apoio ás institucións, patrocinadores e colaboradores públicos e privados, e o do equipo de traballo, a empresa GFStudio, responsable do deseño e contidos audiovisuais, Animatium do traballo de produción, e Intanxibles de comunicación e rr.pp.


O premio de honra Dorotea Bárcena 2021 será para Marta Núñez, pola súa intensa actividadedurante a súa carreira e especialmente por estes dous últimos anos de pandemia. Marta Núñez non só é recoñecida pola labor ao fronte do Auditorio Municipal de Vigo que demostra ser superado con nota, senón tamén por xerar ideas que marcan tendencia e demostran a súa visión ampla nun dos postos máis descoñecidos polo público e de maior dificultade. Este é un recoñecemento tamén para toda a profesión dos programadores.

Esta 32ª edición do FESTIVAL DO TEATRO GALEGO “CELSO PARADA” terá lugar no Carballiño (Ourense) do 5 AO 7 DE SETEMBRO, atendendo a todos os requirimentos de seguridade e hixiene, aforo, establecidos polas autoridades