O Psdeg-Psoe acusa ao bigoberno de Jácome de “instaurar unha ditadura” no concello de Ourense

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Psdeg-Psoe acusa ao bigoberno de Jácome de “instaurar unha ditadura” no concello de Ourense “amordazando o pleno” para sacar adiante o seu “orzamento en b”

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Os socialistas confrontan o “proceder absolutista” do alcalde co propio dun réxime autocrático: “Os ditadores ditan lei sen Parlamento e Jácome aproba os orzamentos sen pleno”

Rexeitan a política “contraproducente” do goberno liderado por PP e DO e anuncian que “actuarán dende a responsabilidade” unha vez reciban os informes xurídicos correspondentes

 O PSdeG-PSOE acusa ao bigoberno de Jácome de “instaurar unha ditadura” no Concello de Ourense “amordazando o pleno” para conseguir sacar adiante o seu “orzamento en B”, unha vez publicado no BOP o edicto que dá conta da aprobación definitiva do expediente de modificación de crédito por importe de 62 millóns de euros –o que supón o 60 % do remanente de Tesouraría– rexeitado pola corporación municipal o pasado día 9 de xuño de 2021.

Así as cousas, os socialistas tachan de “orzamento en B” a macromodificación de crédito de Jácome e condenan o “proceder absolutista” do alcalde, ao tempo que o confrontan co propio dun réxime autocrático. “Os ditadores ditan lei sen Parlamento e Jácome aproba os orzamentos sen pleno”, sinalan dende o grupo municipal socialista.

“Nós xa manifestamos no seu día que non estamos de acordo con moito do contido da modificación de crédito porque consideramos que se trata dun plan de obras encuberto que non ten en conta as necesidades sociais do Concello así como por tratarse dunha modificación trampa, feita en lote, e sen a participación dos grupos da oposición”, lembran os socialistas.

Neste sentido, dende o grupo reiteran o seu rexeitamento á política “totalitaria e contraproducente” do bigoberno e cuestionan o proceder do alcalde á marxe do pleno, ao tempo que anuncian que “actuarán dende a responsabilidade” unha vez recibidos os informes xurídicos correspondentes.

“Entendemos que a aprobación definitiva da modificación de crédito por importe de 62 millóns de euros é un asunto de gran transcendencia que debe contar coa aprobación da corporación municipal, como establece a normativa, e á marxe diso tamén se está a restrinxir o período de exposición pública para que calquera poida alegar”, sinalan dende o grupo municipal socialista.

“Estamos á espera de recibir os informes que avalan que o Concello de Ourense ten legalmente atribuída a competencia para resolver as alegacións presentadas e aprobar definitivamente a modificación orzamentaria vencellada á cuestión de confianza que foi sometida a aprobación inicial do pleno o pasado mes de xuño”, abundan os socialistas.

“Nós cremos que a macromodificación de Jácome non pode executarse e que o proceder do bigoberno perverte a democracia institucional que debe guiar unha institución como é o Concello de Ourense”, conclúen.