O Carballiño volve a baixar catro casos ata os 34 positivos logo do repunte de onte

Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid, a comarca do Carballiño sube hoxe ata os 47 contaxiados (3 menos ca onte ).

A capitalidade da comarca rexistra o descenso máis importante con 4 casos activos menos ca onte ata os 34, logo dunha suba importante na xornada de onte. Boborás sobe hoxe cun caso mais ata os cinco positivos. Maside mantén tres casos activos e Beariz e Piñor contan con dous casos cada un deles. San Cristovo de Cea mantén un caso dende o pasado día 16. O Irixo, Punxín e San Amaro están libres de covid.

AVANTAR ACTIVIDADES