A Policía destaca o cumprimento da normativa nos eventos da segunda quincena de agosto

IES CHAMOSO LAMAS

A piques de rematar este mes de agosto, con bastante movemento pola afluencia de turistas no Carballiño e polos eventos que tiveron lugar, hoxe falamos co xefe da Policía Local, Francisco Valeiras, sobre as incidencias que tiveron lugar. En xeral, o comportamento da xente foi exemplar.

En canto a esta fin de semana ca celebración do Ourenrock, tampouco houbo incidencias. A Policía destaca que a organización dos eventos foi impecable e apenas fixo falla actuar.

O CAMPO DA FEIRA NON SE PECHA

En canto á hora de peche dos locais, o que trae consigo é que a xente quede na rúa. A Policía asegura que, ó non haber peleas ou incidentes, parécelles excesivo utilizar medidas como as solicitadas de chamar ó camión de bombeiros para a limpeza e a dispersión da xente.