O concello contará ca colaboración da Xunta para o traslado da nave de Protección Civil

O proxecto para o traslado da nave actual de Protección Civil, ubicada na contorna da estación de tren, segue o seu curso. Neste momento, o concello espera a documentación necesaria para formalizar o compromiso da Xunta de colaborar economicamente con este proxecto. Esta nave deberá ser derrubada no prazo dun ano, que se cumpre en xaneiro, por non cumprir cos requisitos de legalidade urbanística.

A ubicación elixida para o seu traslado, finalmente, foi a nave na que se celebraba antigamente a feira de gando. Estas instalacións serán dotadas de todo o necesario para que a agrupación poida desenvolver o seu traballo. Deste xeito, esperase adxudicar a obra canto antes.

AVANTAR ACTIVIDADES