Pelicula documental o sábado en Ribadavia

Unha longametraxe escrita e dirixida por Alberte Mera que está a obter moi boas críticas de especialistas e público, “REBOIRAS. ACCIÓN E CORAZÓN”.  

O Concello comeza forte as súas xornadas 2021 pola Memoria Histórica, e faino con esta película documental sobre a vida e morte da última vítima asasinada pola ditadura franquista en Galicia.  Xosé Ramón Reboiras Noia, un dirixente en 1975 da Unión do Pobo Galego e da orixe do Sindicato Obreiro Galego.  

AVANTAR ACTIVIDADES

 Falamos dun documento audiovisual que non só hona a memoria do dirixente político senón a de toda unha xeración que nos momentos máis duros foi quen de arriscar ata a propia vida para unha Galicia libre e democrática.   

Durante o mes de novembro o Concello organiza unhas xornadas de Memoria Histórica que se abre co filme “REBOIRAS. ACCIÓN E CORAZÓN”, que se pasará este sábado ás 12h na Casa da Cultura de Ribadavia, e que contará coa presentación do seu director, Alberte Mera.     

O 19 de novembro, venres, ás 20h na Casa da Cultura, será a Proxección do filme “Bernardino Graña, o home que quixo vivir”, coa participación do colectivo “Poetas do Ribeiro”.   

27 de novembro, sábado, ás 12h na Casa da Cultura. Proxección do filme “Cidadán Alonso Montero, o mestre das Palabras” coa presenza do homenaxeado. Duración: 61 min.   

 4 de decembro, sábado, ás 12h na Casa do Concello, presentación do Libro “REBOIRAS, O CAMIÑO DA REBELDÍA”, coa presenza do autor Xurxo Martínez González.   

 9 de decembro, xoves, ás 20h na Casa da Cultura. Proxección do filme “CRÓNICAS DA GALIZA MARTIR” e presentación co director Xan Leira. Duración: 61 min. É un relato histórico de extraordinaria forza vivencial que afonda, describe e denuncia o golpe de estado de 1936 en Galicia.  

 Con estas xornadas o Concello de Ribadavia pretende iniciar un actividade permanente e constante de difusión e posta en valor dos momentos históricos que foron fundamentais para explicar a Galicia e a Ribadavia actuais.  Unhas xornadas que terán continuidade no futuro,  xa que o Concello está traballando xa nunhas xornadas centradas na memoria histórica comarcal e local do Ribeiro e de Ribadavia.