O concello de Piñor levará mañá a pleno a súa saída da Mancomunidade

O concello de Piñor celebrará na xornada de mañá venres un novo pleno ordinario. Neste caso, un dos puntos da orde do día será a saída da Mancomunidade de Concellos do Carballiño. Dende o 2017, Piñor formaba parte desta entidade, para a que tiña delegados os servizos sociais.

Publicidade

O motivo desta decisión é puramente económico, xa que o alcalde, José Luis González, asegura que o gasto estaba sendo superior ó que se presupostaba inicialmente. Dende o concello consideran que este gasto a maiores podería aforrarse para a súa inversión noutros proxectos. Asegura o alcalde que a súa marcha prodúcese logo de que dende a Mancomunidade non se puidese dar unha solución a este problema.


VIDEO SPOT PIÑOR en BADAL TV