A Mostra de Teatro Amador ofrece cultura toda a fin de semana

Esta fin de semana volve a XIV Mostra de Teatro Amador “Terras do Orcellón”, que organiza a compañía Tiruleque e que ocupará todas as fins de semana (sábados e domingos) dende o 23 de outubro ata o 7 de novembro. Recordamos que a primeira actuación desta mostra tivo lugar o día festivo, 12 de outubro.

Este sábado, día 23, visítanos O Catre Teatro coa obra FÁTUM, Premio Tiruleque 2020.

AVANTAR ACTIVIDADES

O domingo, día 24, achegarase dende Ourense Teatrino co clásico LISÍSTRATA de Aristófanes.

Como sempre, as representacións serán as 20:30 horas no Auditorio Manuel María, cun prezo de entrada de 5 €, ata completar o aforo permitido polas medidas sanitarias.