Manuel Baltar chama á participación da sociedade “nun partido que quere seguir liderando o futuro de Ourense”

Publicidade ASPADISI

En Verín e Xinzo de Limia, no inicio dunha xira pola provincia para presentar a súa candidatura á presidencia do PP ourensán

·      Ante compromisarios, presidentes de agrupacións e cargos municipais detallou as súas propostas, subliñando unha campaña permanente de afiliación e seguir sendo o único partido con maioría feminina no comité executivo

HIPER MASIDE

O candidato á reelección da presidencia do PP de Ourense, Manuel Baltar, iniciou hoxe en Verín e Xinzo de Limia a campaña electoral que, baixo o lema “Baltar escoita”, realizará polas comarcas ourensás para presentar o seu decálogo de propostas de cara o 18º Congreso Provincial do PP. Ante compromisarios, presidentes de agrupacións e cargos municipais –alcaldes, portavoces e concelleiros- anunciou que no novo mandato porá en marcha unha campaña permanente de afiliación “para que a sociedade se achegue e participe nunha formación que quere seguir liderando o futuro de Ourense”.

Os partidos, dixo, “nacen das inquedanzas das persoas, crecen cando escoitan e dan respostas cando gobernan”, por iso pediu aos cargos locais que axuden a que manter ao PP de Ourense como o partido co cociente de afiliados por habitante máis importante de España, “e non falamos de números, senón de novos afiliados con ganas de achegar e facer política”.

“Falo de persoas en maiúsculas -engadiu Baltar- que nos identifiquen coa sociedade actual, por iso tamén quero que sigamos sendo referencia de igualdade na política”, lembrando que o PP provincial é a única formación en toda España que conta con maioría absoluta de mulleres no seu comité executivo, citando así outra das iniciativas que integran o seu decálogo.