O BNG denuncia que o servizo de conciliación continúa en precario e sen actualizar

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Sofía García advirte que o  servizo de conciliación municipal  “Bo día familia” continúa en precario sen albiscarse unha data para a súa actualización cando xa está iniciado o novo curso escolar.

A voceira do BNG do Carballiño, Sofía García, volta denunciar  a situación de precariedade do actual contrato do servizo de conciliación, dito contrato atópase prorrogado e sen atender ás necesidades que demandan as familias.

COMERCIAL ORCELLÓN

O BNG do Carballiño trasladaba en abril a necesidade urxente de actualizar o servizo  “Bo día familia”  e atender as queixas e demandas que as familias puxeron de manifesto e que o propio BNG trasladou ao concello.  Porén pasados xa cinco meses aínda non hai constancia de que exista nin un borrador.

Comeza o novo curso escolar e o concello do Carballiño segue sen dar sinais de solucionar a situación, cando a voceira do BNG advertía  no mes de abril da urxencia de sacar un novo prego cunhas novas condicións, porque o servizo estábase dando exclusivamente nas horas previas á entrada das nenas e nenos nas aulas e era preciso un servizo de conciliación integral que  permitise unha verdadeira conciliación.

A voceira nacionalista considera que o actual desleixo da administración local do Carballiño para presentar un proxecto  reflicte unicamente o  desinterese que suscita esta problemática  para o actual grupo de goberno.

Para o BNG é imprescindible que este servizo se amplíe para que inclúa o servizo de comedor ao medio día e que se preste tamén pola tarde, para que sexa posible unha verdadeira conciliación entre o ámbito familiar e laboral de nais e pais.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------