O Concello do Carballiño restaura o Cruceiro Eira de Flores, emprazado no centro da vila e que foi obxecto de actos vandálicos

IES CHAMOSO LAMAS

-Realizouse un informe e contratouse a unha especialista para acometer a limpeza dos graffitis que afeaban este elemento patrimonial do corazón da vila

-Rosa Fuentes: “Condenamos estes actos vandálicos que atacaron a unha figura emprazada nunha das zonas con máis historia do municipio”

OZOCOgz Deseño Galego

Carballiño, 24 de agosto de 2022

O Concello do Carballiño acometeu a limpeza e restauración do Cruceiro Eira de Flores, que foi obxecto de actos vandálicos. Emprazado no corazón da vila, este elemento patrimonial sufriu pintadas que afeaban a súa imaxe, polo que se levou a cabo esta actuación que pretende devolver a beleza a este símbolo. Máis en concreto, os vándalos realizaron pintadas que foron borradas despois de que Patrimonio realizase unha solicitude.

O procedemento para levar a cabo a restauración iniciouse cando o Concello do Carballiño elaborou un informe e se contratou a unha restauradora que eliminou os graffitis. O alcalde, Francisco Fumega, encargou á concelleira de Servizos Públicos, Rosa Fuentes, este proxecto para a recuperación do elemento patrimonial. Fuentes lamentou este tipo de accións contra o patrimonio: “Condenamos estes actos vandálicos que atacaron a unha figura emprazada nunha das zonas con máis historia da vila”.

Non é a primeira vez que o cruceiro Eira de Flores é obxecto do vandalismo. Hai uns anos os veciños e veciñas da zona detectaron a desaparición dunha das figuras que forman parte deste elemento patrimonial que data do ano 1900. Os actos vandálicos foron sucedéndose no tempo, xa que a zona é frecuentada polo ocio nocturno.