Hoxe as 12 h en Oseira(Cea): Acto de nomeamento de filla predilecta de dona Marisa Crespo Leiro

Mañá, as 12 horas, no Mosteiro Cistercense de Santa María a Real de Oseira, terá lugar o *Acto de Nomenamento de Filla Predilecta de Dona Marisa Crespo Leiro*, que tras proposta do Alcalde foi refrendado por unanimidade en sesión plenaria, o 15 de xuño de 2020.

Publicidade


A pandemia retrasou o acto, e as limitacións de aforos non permiten a asistencia libre ao evento, cómo sería desexable, xa que como Marisa é tan recoñecida, entendemos que a todos nos gustaría estar.


E todos poderemos estar, pois o acto *será retransmitido vía streaming*, para poder velo desde un dispositivo móvil ou ordenador.


Para iso so tes que *premer* no enlace que segue é, mañá, 11 de setembro, ás 12:00 horas verás o acto en directo.