Hoxe as 11 tivo lugar na praza maior do Carballiño a Concentración de consternación e repulsa polo grave suceso acaecido o xoves.
Representantes dos partidos e da sociedade asi como un grupo de amigas da menor concentraronse en silencio na praza maior.

Forón numerosos os medios de comunicación que cubriron o acto.
O suceso tivo lugar sobre as oito da tarde, cando a rapaza caía ao chan dende o segundo andar dun edificio da rúa Astureses do Carballiño.

Xusto antes producíase na vivenda unha pelexa entre ela e un adolescente resultando a xoven ferida na cabeza cunha pata de cabra e o xoven lesionado cunha arma branca. Descoñécese se foi ela quen fuxiu do seu agresor pola fiestra ou se foi el quen a empurrou.

O xoven avisou o 112, e achegáronse ata o lugar dos feitos a Policía Local, a Garda Civil, así como os sanitarios que os trasladaron ao centro de saúde para avaliar o seu estado. A moza foi trasladada á unidade de críticos do Hospital de Ourense.
A policia xudicial e o Xulgado de Menores están a investigar o sucedido e solicitaron unha valoración psiquiátrica do rapaz.