Identifican a un veciño de Maside coma presunto autor dun grave atropelo e posterior fuga

Publicidade ASPADISI

Ás 18:25 horas do 11 de setembro na estrada km OU-0409, no kilómetro 0,950, Termo Municipal de Maside e Partido Xudicial do Carballiño, o condutor dun vehículo turístico atropela a un peón e abandoa posteriormente o lugar do accidente. Finalmente localízase e identificase ó presunto autor como veciño de Maside (Ourense) de 65 anos.

Realizáronse as probas de alcol e drogas, dando resultados NEGATIVOS. O peón, unha muller veciña de Maside (Ourense), de 65 anos resultou ferida de gravidade e foi trasladada e ingresada na UCI do complexo hospitalario de Ourense.

HIPER MASIDE

O dito condutor enfróntase aos posibles crimes de abandonar o lugar do accidente, segundo o artigo 382 bis do Código Penal penado con prisión de seis meses a catro anos e privación do dereito a conducir vehículos, motocicletas e ciclomotores dun a catro anos, así como lesións debidas a imprudencia grave, artigo 152 do CP, castigado con prisión
de tres meses a dous anos ou unha multa de seis a dezaoito meses dependendo
da entidade das lesións.