Xuntos por San Amaro expulsa á número dous, Sonia Ordóñez

Xuntos por San amaro ven de decidir na Asamblea celebrada o pasado venres, a expulsión da número dous da formación, e tamén concelleira por Xuntos por San Amaro na corporación municipal, Sonia Ordóñez. Así consta na acta da Asamblea e nun escrito dirixido ao alcalde que hoxe rexistraron no Concello de San Amaro.

Publicidade

Xuntos por San Amaro adopta esta decisión, tal e como se recolle na acta da Asamblea, despois de que Carlos Paz e Manuel Cao informaran “do complexo da situación e da falla de comunicación coa parte do goberno que integran os edís do PSdeG Rubén Gómez e Sandra Daparte, e a concelleira de Xuntos por San Amaro, Sonia Ordóñez”. Apuntan a que “so chaman ou se comunican co resto do goberno cando precisan que voten algo a favor no Pleno” e sinalan que “aínda que se agudizou nos últimos meses, esta situación vense producindo dende hai mais de un ano, e non atanque só ao concelleiro de Xuntos, Carlos Paz, senón tamén ao concelleiro do PSdeG, Carlos Perez, casualmente os dous portavoces dos grupos municipais e que non reciben información ningunha da burbulla creada ao redor do actual alcalde, Rubén Gómez”.

Carlos Paz tamén informou á Asamblea de que no mes de xuño celebrouse unha xuntanza para dar cumprimento o pacto asinado entre Xuntos e o PSdeG ao inicio do mandato en 2019 (para rotar a alcaldía dous anos para o PSdeG e outros dous anos para Xuntos por San Amaro), “do que nada saiu en limpo, mais que o feito de que a concelleira Sonia Ordóñez parecía posicionarse con Rubén Gómez en lugar de facelo coa sua formacion, a de Xuntos por San Amaro”.

Engadiu que “dende entón ata se convocou un pleno para modificar os orzamentos e dotar cunha partida extra ás áreas da concelleira díscola de Xuntos, e aínda que o alcalde se comprometeu a manter novas xuntanzas, mesmo con mediadores, tres meses despois nada se sabe do alcalde, a pesar de telo chamado diariamente por teléfono”.

Así, na Asamblea realizouse unha votación “que recolle o sentir unánime da agrupación de expulsar ado Grupo Municipal a Sonia Ordóñez pola dificultade de entablar calquera tipo de diálogo con dita concelleira, pola burbulla creada entre ela e o actual alcalde, Rubén Gómez, e polo seu abandono do grupo de comunicación de wathsapp da agrupación eletoral, desantendendo os acordos desta agrupación”. Remitiron ademais un escrito ao alcalde acompañado da acta da Asamblea, co fin de que “se de por enterado da situación a través deste escrito, ademais de instalo proceda á inscripción de Ordóñez como concelleira non adscrita”.