Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid, a comarca do Carballiño conta hoxe con 18 (=) contaxiados, repetindo a situación de onte. A capitalidade da comarca rexistra 12 casos activos, a mesma situación ca onte. Maside conta con dous casos activos, igual ca Punxín. Boborás e Piñor manteñen un caso activo cada un. Beariz, O Irixo, San Amaro e San Cristovo de Cea están libres de coronavirus.
No Ribeiro, a comarca rexistra 10 casos activos. Tres casos correspóndense ca súa capital, Ribadavia, que mantén a mesma cifra ca onte. E outros 7 de Melón, que mantén estable tamén a cifra de onte. Todos os demais concellos están libres de covid.