O PP do Carballiño pide que a antiga estrada de Ribadavia pase a ser de titularidade municipal

Na actualidade este tramo pasou a ser utilizado por un tráfico maioritariamente urbano, servindo para os desprazamentos dos veciños e negocios da zona, e tamén para acudir tanto o cemiterio municipal como ao IES Chamoso Lamas. 

Todo este tramo está definido no PXOM con parte do núcleo urbano, conta con aliñacións definidas e edificacións consolidadas, polo que parece lóxico que este tramo de estrada de titularidade autonómica pase xa a ser de titularidade municipal. 

AVANTAR ACTIVIDADES

Fai pouco tempo que por parte da Xunta de Galicia se levou a cabo no tramo próximo a Praza dos Liborianos o pintado, que si ben facilita o tráfico na zona, dificulta o estacionamento de vehículos, xa que non ten en conta que se trata de un tramo totalmente urbano. Estas obras puxeron de manifesto que as solucións adoptadas pola consellería, se ben son as adecuadas para un tramo de vía interurbana e para a incorporación a mesma, non o son para un tráfico maioritariamente urbano, no que tamén hai que atender as necesidades propias dunha zona con maior densidade de poboación, como pode ser o estacionamento dos residentes. 

Polo tanto faise imprescindible que sexa o Concello, e non a Consellería, o que tome as decisións que resulten mais axeitadas para a zona, tendo en conta as necesidades do tráfico, pero tamén as dos veciños e residentes na zona. 

Isto e perfectamente posible de acordo coa Lei de Carreteiras de Galicia e o seu Regulamento, xa que se trata de un tramo da carreteira OU-208, cuxa cesión non implica a interrupción de ningún itinerario, xa que existen alternativas para a circulación entre Partovia e a N-541, puntos inicial e final de dita estrada. 

Esta cesión, dado o carácter urbano do tramo, facilitaría ao  Concello a aplicación de normativas de sinalización, regulación do tráfico, regulación do espazo de estacionamento e demais competencias municipais.