Espazo Común pide ó alcalde que se centre nos proxectos do Carballiño en lugar de en loitas internas do partido

Dende a formación de Espazo Común piden ó alcalde do Carballiño que se centre nas necesidades e proxectos da vila. A militancia do PSOE irá este domingo 26 ás urnas para decidir ó delegado que representará á provincia no Congreso Federal de Valencia. A ese posto optan Noela Blanco e Francisco Fumega.

Publicidade

Espazo Común asegura non meterse en asuntos internos doutros partidos. Recalcan que no Carballiño hai moitos proxectos que precisan atención, coma o Centro de Saúde, a Fábrica de Papel, o Balneario, o Parque Municipal ou do Parque Empresarial.

A formación afirma que as preocupacións da veciñanza non están en Valencia no congreso de ningún partido, se non en sacar adiante as súas familias, os seus pequenos negocios, en chegar a fin de mes, en atopar emprego.