O Partido Popular de Ourense súmase á campaña de recollida de firmas contra a okupación ilegal

Campaña de sinatura de firmas contra os “Okupas” na sede do PPOU. Asisten Manuel Baltar (Presidente do PPOU), Rosendo Fernández (Sedretario do PPOU), Pablo Pérez Pérez e Jorge Pumar.
IES CHAMOSO LAMAS

Para conseguir un amplo respaldo social que obrigue ao Goberno para aprobar unha lei que garanta o dereito constitucional á propiedade privada

O presidente provincial, Manuel Baltar, advertiu da necesidade de intervir “de modo decidido e eficaz para acabar coas dúbidas e as situacións que provoca a okupación ilegal, pola incerteza xurídica que xera entre os propietarios de edificios e vivendas, pero tamén #ante os graves problemas de orde pública, convivencia e inseguridade xerados nas zonas onde actúan os okupas”

OZOCOgz Deseño Galego

O Partido Popular de Ourense está a mobilizarse por toda a provincia no marco dunha campaña de recollida de firmas contra a okupación ilegal, iniciativa que ten como obxectivo conseguir un amplo respaldo social que obrigue ao Goberno de Sánchez e Iglesias a aprobar, de modo urxente, unha lei que garanta o dereito constitucional á propiedade privada e combata, de maneira eficaz, a ocupación ilegal de vivendas.

Nunha comparecencia na sede provincial do PP e acompañado polo secretario xeral, Rosendo Fernández, o vicesecretario Jorge Pumar e o secretario de Organización, Pablo Pérez, o presidente dos populares ourensáns, Manuel Baltar, advertiu da necesidade de intervir “de maneira decidida e eficaz para acabar coas dúbidas e as situacións que está a provocar a okupación ilegal. Non só estamos #ante unha crecente incerteza xurídica entre os propietarios de edificios e vivendas, dixo, “senón tamén #ante os graves problemas de orde pública, convivencia e inseguridade xerados nas zonas onde actúan os okupas”.

Como representantes públicos, apuntou Manuel Baltar, “é noso deber responder con acción política ás demandas dos cidadáns, máxime cando se trata dun clamor social, apoiado neste caso polas instrucións ditadas pola Fiscalía Xeral do Estado para frear coa maior axilidade as okupaciones.

Pero o Goberno de Sánchez e Iglesias non o entenden así, denunciou Baltar, “rexeitando a pasada semana no Congreso unha iniciativa que formulaba cambios lexislativos e mesmo cualificando a okupación como bulos e lendas urbanas”. Como tampouco dan mostras de entendelo os grupos socialista e nacionalista no Parlamento de Galicia, “que esta mesma semana en pleno deixaron moi claro que este problema non existe para eles”.

Con esta campaña, que inclúe a plataforma Change. org e a presentación de mocións nos concellos, o Partido Popular quere conseguir o maior respaldo cidadán á proposición de lei que os populares presentan de novo no Congreso. Un texto baseado en cinco eixos, como recuperar o delito de usurpación dun ben inmoble con penas dun a tres anos de prisión, que as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado poidan desaloxar un inmoble en 12 horas, que os okupas non se poidan empadroar, e que tanto as comunidades de propietarios como as persoas xurídicas poidan adoptar medidas legais e actuar diante dos tribunais.