Éxito de participación na volta das andaina e carreira popular de Maside

Logo dun ano de obrigado parón a causa da pandemia, o concello de Maside volveu á súa actividade deportiva ca súa xa tradicional carreira e andaina popular, que xa suma 14 e 13 anos de celebración respectivamente. Ambos eventos tiveron lugar onte pola mañá, cunha notable afluencia.

Falamos tamén cun participante, José Fernández, veterano desta proba, que nos falou da traxectoria deste evento.

E tamén falando de andainas, recordamos hoxe que mañá, día 28 será o último día para inscribirse na andaina e trail organizada pola Asociación de Veciños de Partovia. Este evento terá lugar o próximo domingo, día 3 de outubro, cun custo de 10 euros por inscrición. Nas redes sociais da Asociación de Veciños podedes atopar toda a información.


VIDEO SPOT MASIDE en BADAL TV

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------