Galicia conta con tan so un milleiro de casos activos de coronavirus

IES CHAMOSO LAMAS

A comunidade galega rexistra hoxe 23 contaxios, un ritmo de novos positivos que descende á metade dos últimos días. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 1.006, preto de 90 casos menos nesta xornada. A ocupación das camas dos hospitais por enfermos covid hoxe presenta estabilidade. Do total de pacientes positivos en Galicia, 15 (=)  están en UCI e 39 (-3) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras  rexistra hoxe 3 contaxios novos e restando as altas, os casos totais chegan ata os 161 casos activos, 18 menos ca onte. Os hospitais hoxe presentan 7 (-2)  persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 1 (-1)  na UCI.

OZOCOgz Deseño Galego