Familia e amigos de Nuria piden un cambio na lei do menor para que as agresións non queden impunes

IES CHAMOSO LAMAS

Onte 30 de setembro, en Ourense tivo lugar unha manifestación para pedir xustiza e unha reforma da Lei que deixa inimputables sucesos coma o acontecido no Carballiño. Recordamos que Nuria, una moza de 14 anos, cumpridos onte, foi agredida por un amigo que alegaba que “quería saber o que se sentía ó matar”. Agora Nuria loita por seguir vivindo, con avances favorables na súa recuperación.

A súa irmá, Cristina Martín, liderou onte esta manifestación, pedindo un cambio na lei que evite que isto poida volver a pasarlle a outra familia. Acompañábana tamén autoridades do Carballiño, coma o alcalde, Francisco Fumega, o tenente alcalde, Manuel Dacal, e a concelleira de Servizos Sociais, Lupe Sobrado.

OZOCOgz Deseño Galego

Ademais, esta noite está no noso espazo de entrevistas Acotío, para falarnos un pouco máis sobre como evoluciona o estado de saúde de Nuria e a investigación.