O Carballiño mantén un contaxio, ó igual que Punxín, sendo os únicos na comarca

Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid, a comarca do Carballiño conta hoxe con 2 (=) contaxiados, repetindo a mesma situación de onte. A capitalidade da comarca rexistra 1 caso activo. Punxín, o outro concello con contaxios, presenta un so caso activo. Os demais concellos están libres de covid.

No Ribeiro,  a comarca rexistra 9 (+1) casos activos. Tres casos correspóndense ca súa capital, Ribadavia. O concello de Melón presenta dous casos, igual co concello de Leiro. E Avión presenta hoxe un caso activo. Todos os demais concellos están libres de covid.

AVANTAR ACTIVIDADES