
A comunidade galega rexistra hoxe 31 contaxios, un ritmo de novos positivos que se mantén estable. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 639, mais dunha trintena de casos menos ca onte. A ocupación das camas dos hospitais por enfermos covid presenta un descenso. Do total de pacientes positivos en Galicia, 12 (-4) están en UCI e 31 (-12) en unidades de hospitalización.
A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras rexistra hoxe 10 contaxios novos e restando as altas, os casos totais chegan ata os 118 casos activos, 1 mais nesta xornada. Os hospitais hoxe presentan 2 (-1) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 1 (=) na UCI.