Boborás e Melón reciben 120.000 euros para dous puntos limpos móbiles

A Xunta de Galicia concedeu este ano dúas axudas por un importe de preto de 120.000 euros para a adquisición de puntos limpos móbiles por parte dos concellos ourensáns de Melón e Boborás.

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución coas 23 subvencións outorgadas ao abeiro da convocatoria realizada en 2021 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, que no conxunto da Comunidade beneficiarán a un total de 31 municipios de menos de 3.000 habitantes e coas que poden cubrir o 100% do custo da compra deste vehículo, ata un máximo de 70.000 euros para unha solicitude individual, mentres que para unha agrupación de varios concellos pode chegar aos 100.000 euros.

AVANTAR ACTIVIDADES

Con esta liña de axudas mellórase e amplíase a xestión de residuos especiais de competencia municipal, co fin de favorecer a súa axeitada recollida, clasificación e preparación para a reutilización. De xeito paralelo, tamén se evita a proliferación de puntos de vertido incontrolado nas contornas e espazos naturais.

Os concellos teñen a posibilidade de escoller entre catro modelos de vehículos subvencionables: un contedor/caixa metálica de gran volume —modelo que poderá ser elixido só se a entidade local dispón de camión adaptado con equipo de gancho para a súa carga e traslado—; un remolque e contedor metálico de gran volume —sempre e cando o concello dispoña dun camión adaptado para a súa carga e traslado—; un camión con caixa e chasis; ou unha furgoneta adaptada con diferentes contedores ou compartimentos.


VIDEO SPOT BOBORÁS en BADAL TV