
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, compareceu hoxe na cámara alta do Parlamento galego no Debate sobre o Estado de Autonomía. Feijóo anunciou que dentro de sete días, Galicia levantará a situación de emerxencia sanitaria logo de 19 meses en vigor. A Xunta considera que dada a situación actual, a nova lei de saúde pública galega é suficiente para facer fronte á covid.
Ademais, o presidente anunciou que se colocará un monumento en recordo tanto das vítimas desta pandemia coma de todos os que fixeron posible saír dela.
Ademais da situación sanitaria, o presidente galego adiantou algunhas das medidas que se adoptarán para o 2022 e que afectan ós presupostos, como a gratuidade das escolas infantís para todos os fillos.