O cine club proxecta este venres o filme bosnio “Quo vadis, Aida?”

Este venres día 15 de outubro o Cine Club Carballiño continúa coas proxeccións coa película bosnia “Quo vadis, Aida?”, dirixida por Jasmila Zbanic, e que foi nominada ao Óscar á Mellor película internacional.

Publicidade

Aida traballa como tradutora para a ONU. Cando o exército serbio ocupa a cidade, a súa familia está entre os miles de persoas que buscan refuxio nos campos da ONU. Debido a que participa nas negociacións, Aida ten acceso a información importante.

Os pases serán no Auditorio Municipal Manuel María ás 20:00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22:30 en VOS.