Miranda participa nos actos de promoción do Xacobeo organizados polo Lar Gallego de Sevilla co gallo do XII Encontro de Casas Rexionais e Provinciais

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Praza Nueva desta localidade contou con expositor promocional que permitiu achegar o Camiño a miles de sevillanos e turistas

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

No transcurso da romaría que se organiza de xeito simultáneo no parque do Alamillo tivo lugar un acto de homenaxe aos alcaldes dos concellos polos que pasa a Vía da Prata pola súa labor en pro da difusión do Xacobeo 21-22

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu este domingo aos actos do XII Encontro de Casas Rexionais e Provinciais celebrado en Sevilla baixo o lema “España en Sevilla”, no que estivo presente un stand promocional do Xacobeo 21-22 que permitiu achegar o Camiño a miles de sevillanos e turistas.

O secretario xeral, acompañado do presidente do Lar de Sevilla, José Antonio Otero, e do presidente da Asociación de Amigos del Camino de Santiago de Sevilla-Vía da Prata, Juan Ramos Plaza, visitou os dous expositores que se situaron na Praza Nueva da capital andaluza relacionados con Galicia, un deles centrado no Xacobeo 21-22, dun total de 17 stands que se instalan neste espazo dedicados ás diferentes casas rexionais de toda España.

Miranda quixo agradecer “a oportunidade que brinda o Lar Gallego de Sevilla e a propia cidade para poder mostrar as bondades do Camiño de Santiago neste encontro de casas rexionais tanto aos propios sevillanos, como a cantos visitantes pasaron por este lugar durante estes días”.

O secretario xeral da Emigración tamén participou na tradicional Romería do Lar Gallego de Sevilla, acto no que se levou a cabo unha homenaxe a seis dos alcaldes dos concellos por onde transita a Vía da Prata de Andalucía e Estremadura, en agradecemento pola labor de difusión e promoción deste Camiño de Santiago, coa imposición dunha insignia de prata e un diploma. Dende a Secretaría Xeral, fíxoselles entrega dun agasallo en recoñecemento pola súa labor. Ao remate deste acto celebrouse un concerto das pandereteiras Xacarandaina.