“Reencontros co Xacobeo” trae ós galegos do exterior maiores de 65 anos a Oseira

Publicidade

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado do alcalde de Cea, José Luis Valladares , acompañou esta mañá aos galegos do exterior que están a realizar o programa “Reencontros co Xacobeo” no tramo da Vía da Prata que leva ata o Mosteiro de Oseira.

Rodríguez Miranda camiñou xunto a estes galegos procedentes do resto de España e Europa durante un pequeno tramo ata chegar ao Mosteiro onde puideron coñecer a historia do complexo relixioso a e súa importancia no Camiño de Santiago.

“Reencontros co Xacobeo” permitiu que preto dun cento de galegos de máis de 65 anos residentes no exterior e vinculados cos centros galegos puideran realizar, ao longo desta semana, o Camiño de Santiago en pequenas etapas e coñecer o seu patrimonio cultural e natural.

Os participantes chegaron ao aeroporto de Santiago de Compostela o pasado domingo e concluirán a súa estancia o sábado coa chegada á catedral compostelá. Durante estes días estarán aloxados en dous balnearios galegos.

Deste xeito, o departamento autonómico que dirixe Antonio Rodríguez Miranda, continúa a reiniciar os programas de achegamento a Galicia dos galegos do exterior, centrándoos, nesta ocasión, no Ano Santo.

Este programa ten como obxectivo promover os lazos con Galicia e coa súa cultura a través do Camiño de Santiago das persoas maiores de 65 anos vinculadas aos centros galegos do exterior.

A Secretaría Xeral quere así dar un pulo ás entidades e galegas, así como aos seus asociados, que sufriron numerosos peches e limitacións a causa da pandemia durante os últimos meses e que son promotores do Camiño de Santiago en todos os lugares onde teñen a súa sede.


VIDEO SPOT San Cristovo de CEA en BADAL TV