O vindeiro sábado 23 de outubro, Castrelo de Miño será escenario da “V Xornada de Convivencia das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil”. O acto inaugural, previsto no entorno do Parque Náutico de Galicia, abrirá un programa lúdico-formativo que incluirá talleres prácticos, pero tamén visitas a adegas da zona, desfrutando da súa paisaxe e probando os viños da D.O. Ribeiro.
En torno ás 15h nunha carpa instalada nas inmediacións do Parque Náutico terá lugar un xantar no que se renderá unha homenaxe a todas as agrupacións de voluntarios de Protección Civil da provincia que participaron nos máis de 60.000 operativos levados a cabo durante a pandemia.
VIDEO SPOT CASTRELO DE MIÑO en BADAL TV
