Nuria, a moza agredida no Carballiño, mellora o estado de saúde e sae da UCI

Logo de 40 días na Unidade de Coidados Intensivos, Nuria, a moza agredida no Carballiño por un amigo, acaba de ser trasladada a planta do Hospital de Ourense. Ata onte, Nuria estaba aínda sedada, á espera de que puidese reaccionar sen axuda das máquinas.

Segundo nos informaba a súa irmá, Cristina Martín, xa lle realizaron todas as operacións que estaban programadas. Agora xa está consciente, e asegura a súa familia que xa se poden comunicar con ela, pero so a través de preguntas que responde con sinais, xa que aínda conta cunha traqueotomía que lle impide falar.

AVANTAR ACTIVIDADES

Foron 40 días de loita, de agonía, de sufrimento e de impotencia que asegura que lles fallou a esperanza en moitos momentos, pero 40 días despois de que lles dixesen os médicos que Nuria podía non sobrevivir a esas primeiras horas, Nuria recupérase pouco a pouco.