Natividad Cid Borrajo, gañadora do sorteo do desconto de 6.000 euros do 12º Salón do Automóbil

Publicidade ASPADISI

Esta mañá fíxoselle entrega do cheque por ter mercado un coche no Salón do Vehículo de Ocasión, un Audi A1

Foille entregado polo xerente e polo xefe de ventas do concesionario que vendeu o vehículo premiado e por Expourense

Natividad Cid Borrajo, de Allariz, recibiu esta mañá no concesionario de Audi – Apersa Ocasión (ubicado na Avenida de Zamora), o cheque desconto de 6.000 euros que gañou ó mercar un vehículo e participar así no sorteo promovido pola Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense (A.C.A.U.T.O.) e Expourense durante o 12º Salón do Automóbil que se celebrou durante as dúas primieras fins de semana de outubro no recinto feiral.

Publicidade Premer na Imaxe


Un dos principais atractivos destas citas era este desconto de 6.000 euros entre todos aqueles que mercaran o seu coche, tanto no salón do automóbil novo como no de ocasión. Entre os 300 vehículos vendidos, A.C.A.U.T.O. realizou o pasado 11 de outubro o sorteo ante Notario que deu como gañadora á alaricana Natividad Cid Borrajo, quen mercou en Expourense un Audi A1 no Salón do Vehículo de Ocasión no concesionario oficial da marca na provincia. “Fun a Expourense coa idea clara de mercar un coche pero sen saber moi ben cál. A miña idea era un Seat Ibiza e acabei mercando este porque me ofreceron moi boas condiciçons”, explica a gañadora.

Hoxe fíxoselle a entrega do cheque desconto cuxa contía económica é achegada entre A.C.A.U.T.O. e Expourense. Foille entregado polo xerente de Apersa en Ourense, Juan Carlos Rodríguez; pola xefe de ventas de Apersa Ocasión, Mantín Manso; e polo director xerente de Expourense, Rogelio Martínez.