O IES nº1 celebra un concurso de cabazas entre os seus alumnos para celebrar o Samaín

O IES nº1 do Carballiño organizou entre os seus alumnos un concurso de cabazas para celebrar Halloween. O resultado descansa na entrada do centro, ata a próxima semana, cando se dará a coñecer o seu gañador. Estivemos hoxe con eles, e contáronnos como fixeron cada unha das súas obras.

Os mozos esforzáronse para facer as decoracións máis terroríficas e tamén as máis orixinais. Para iso utilizaron materiais de todo tipo, algúns pintura, telarañas e outras decoracións.

AVANTAR ACTIVIDADES

Dende o Centro de Información para a Muller do Carballiño organizan unha novidosa actividade para celebrar o Samaín. Trátase dun pasarrúas invocando ás meigas, para toda a familia, este próximo domingo. Terá a saída ás 18:00 horas dende a casa do concello, pasando pola rúa Principal, a Praza de San Ramón, a rúa dos Canteiros e chegando á praza maior.