Fran Justo adestrador do Arenteiro, entre os relatores das II Xornadas Futbolinlugo Burela Bonita

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

II Xornadas Futbolinlugo Burela Bonita: “retorno con máis forza” e ca presenza de Fran Justo adestrador do Arenteiro

O próximo luns 1 de novembro, día festivo, Futbolinlugo e o Concello de Burela
organizan a segunda edición das Xornadas Futbolinlugo Burela Bonita, unha
serie de relatorios de adestradores galegos que se levará a cabo no salón de
conferencias do Consistorio mariñán.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO


O acto contará cunha maior presenza de público con respecto ao último
congreso, celebrado en novembro do 2020. O obxectivo, iso si, é o mesmo:
desfrutar todos xuntos dun evento único na provincia. Tódolos interesados
poden inscribirse de forma gratuita enviando un correo electrónico á dirección
futbolinlugo@gmail.com, no que deberán indicar nome e apelidos, DNI e número
de teléfono (protocolo COVID). Ademais, o acto poderá seguirse por streaming
mediante a plataforma YouTube, tamén sen coste.
Nesta ocasión, Futbolinlugo volve apostar pola nova fornada de técnicos da
comunidade. Rubén Arce, adestrador de porteiros do primeiro equipo do CD
Lugo; Iria Rey, preparadora do CD Lugo feminino; Fiz Rodríguez, segundo técnico
da SD Compostela; Yago Iglesias, exadestrador da SD Compostela; Óscar Gilsanz,
míster do Fabril; e Fran Justo, técnico do Arenteiro, serán os encargados de facer
as delicias dos asistentes. O programa completo é o seguinte:
10:00 horas. Rubén Arce: «Unha aproximación ao micromundo do adestrador de
porteiros»
10:45 horas. Iria Rey: «A profesionalización do fútbol feminino dende a base»
11:30-12:00 horas. Descanso.
12:00 horas. Fiz Rodríguez: «Departamento de análise dun equipo
semiprofesional. Exemplo dun microciclo»
12:45 horas. Yago Iglesias: «Plan de partido. Estratexia operativa en función do
rival»
Parada para xantar.
16:30 horas. Óscar Gilsanz: «Formar e competir»
17:15 horas. Fran Justo: «Adaptarme ao contexto mantendo a miña esencia»
18:00 horas. MESA REDONDA.
18:45 horas. Clausura.
Os espectadores que sigan os relatorios pola canle de YouTube de Futbolinlugo
poderán participar de xeito activo: os dez minutos finais de cada exposición, que
durarán arredor de media hora, están reservados para preguntas do público,
incluida aquelas que cheguen polo chat.
Dende Futbolinlugo agradecemos a aposta que fai, de novo, o Concello de
Burela polo noso fútbol, tal e como xa acontecera coa primeira organización do
All Star Futbolinlugo e nas propias I Xornadas deste congreso. Ademais, tamén lle
damos as grazas aos distintos patrocinadores que nos amosaron o seu apoio,
especialmente a Gadis, Deportes Élide e El Progreso.