J. Manuel García Iglesias presentou o seu libro: “Galicia. As súas Catedrais e Santiago o Maior”

O acto que tivo lugar no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, ao que asistiron unhas cento cincuenta persoas. Entre as autoridades participantes atopábanse o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez; o reitor magnífico da USC, Antonio López; ou o arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio. Así mesmo, tamén asistiu o editor de Lúdica 7, Alfonso Freire.

Na súa intervención, o autor da obra, integrada por varios artigos que publicou o pasado verán no Dominical do CORREO, foi degranando os elementos artísticos relacionados co culto xacobeo que custodian ou forman parte de cada unha das catedrais galegas; todo iso antes de rematar cunha elocuente reflexión sobre o significado da cuncha de vieira

AVANTAR ACTIVIDADES
Alfonso Freire, Román Rodríguez, Antonio López, Sánchez Bugallo, José Manuel García Iglesias y Juan Manuel Monterroso, ayer en Fonseca. Foto: Antonio Hernández publicada en El Correo Gallego