Falece un home en Boborás nun accidente cun tractor

Os Servizos de Emerxencia do 112 de Galicia informan do falecemento dun home no lugar de A Vila, en Pazos de Arenteiro, Boborás. O suceso tivo lugar, pasadas as 13:00 horas da mañá de hoxe, xoves, cando o tractor que conducía volcou e quedou atrapado.

Os Servizos de Emerxencia informan de que ata o lugar achegáronse un helicóptero medicalizado, bombeiros do corpo do Carballiño-O Ribeiro, o GES de Avión, a Garda Civil, e a agrupación de Protección Civil de Boborás.