O comercio ourensán homenaxea a Margarita Díaz

En cada edición do Salón Gastronómico Xantar, a Federación de Comercio de Ourense organiza un acto de homenaxe a un comerciante destacado, co fin de recoñecer o seu labor e traxectoria neste gremio, ademais da súa implicación coa entidade que os representa. Hoxe, xoves 4, celébrase a Noite do Comercio para homenaxear a Margarita Díaz Pérez nun acto ao que acudirán, ademais de Beatriz Gómez, presidenta da entidade, os seus compañeiros de profesión e asociación; Gabriel Alén, delegado da Xunta en Ourense, e Antonio Rodríguez, secretario xeral de Emigración.

Margarita Díaz é vicepresidenta da Federación de Comercio e foi membro da Asociación de Comercio de Calzados e Bolsos, como propietaria das zapaterías Lince e Marga 2 ata a súa xubilación. A homenaxe terá lugar no salón de actos do recinto e a continuación celebrarase unha cea no restaurante do Inorde.

AVANTAR ACTIVIDADES