Plataforma Pro Campus de Ourense: Firmas por un Máster Exclusivo de Enxeñería Aeronáutica

O pasado sábado finalizou a campaña de recollida de firmas por un Máster Exclusivo de Enxeñería Aeronáutica en Ourense, deseñada hai un mes co horizonte do próximo 15 de novembro como data límite para iniciar o proceso de verificación das titulacións que se desexen ofertar a próxima primavera para ser cursadas a partir de setembro de 2022. As 2170 firmas solicitadas foron achegadas á nosa solicitude de desbloqueo da situación actual ante a Secretaría Xeral de Universidades da Xunta de Galicia para que a terceira promoción de egresados/ as do Grao en Enxeñería Aeroespacial do campus de Ourense non corra a mesma sorte que as dúas primeiras, que se viron forzadas a saír da nosa Comunidade Autónoma para continuar a súa formación a nivel de máster. Achégase a solicitude efectuada.

Se a Xunta de Galicia atende esta solicitude, estaremos ante unha medida óptima tanto para este alumnado da terceira promoción como para a imaxe da Escola de Enxeñería Aeronáutica e do Espazo do campus de Ourense. En caso contrario, retomaremos de fronte ao próximo ano a campaña de recollida de firmas xusto onde a deixamos agora.

AVANTAR ACTIVIDADES

A estas alturas, dous anos despois de que se propuxese unha estratexia interuniversitaria á que desde Ourense abrímonos a pesar de non ser nosa primeira opción pero que os únicos froitos que deu son controversia e frustración, está xa moi claro que a única opción razoable é Máster Exclusivo en Ourense. Hai que lembrar que esta fórmula, a saber, Máster de Aeronáutica nas Escolas de Aeronáutica, é a única que existe en España e, non en balde, recibiu xa para Ourense en 2019 un amplo apoio desde os ámbitos académico, político-social, empresarial e profesional ( veáse documento adxunto). A este apoio acabámoslle de engadir explicitamente a voz da cidadanía e, repetimos, seguirémolo facendo mentres non se resolva de forma satisfactoria un asunto no que, ata a data, tanto as Universidades da Coruña e Vigo como a Xunta de Galicia non souberon estar á altura do que cabe esperar das institucións ao servizo dos intereses xerais que son.

LISTA DE COLECTIVOS QUE TEÑEN APOIADO EXPLICITAMENTE UN MÁSTER EXCLUSIVO EN OURENSE

  • Tódalas Escolas de Aeronáutica de España
  • Multinacionais Boeing, Indra e Babcock
  • Axencia Espacial Europea
  • Polo Aeronáutico de Rozas
  • Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial
  • Consorcio Aeronáutico de Galicia
  • Confederación de Empresarios de Ourense
  • 27 pymes da provincia de Ourense no sector da enxeñaría
  • Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao
  • Foro Liceo (agrupa a 16 colectivos profesionais da provincia de Ourense)
  • Agrupación Miño de Ourense
  • Federación Limiar de Ourense
  • Sindicatos maioritarios da provincia de Ourense (CIG, CC.OO e UGT)
  • Tódolos partidos políticos con representación no Concello de Ourense e na Deputación
    Provincial de Ourense (PP, PSOE, BNG, Ciudadanos e Democracia Ourensana

LISTADO COMPLETO Premer na Imaxe