Galicia encadea o segundo día con máis dun centenar de contaxios novos

A comunidade galega rexistra hoxe 106 contaxios, un ritmo de novos positivos que se mantén estable. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 907, máis de 60 con respecto a onte. A ocupación das camas dos hospitais presenta un equilibrio. Do total de pacientes positivos en Galicia, 11 (-1) están en UCI e 35 (+5) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 41 contaxios novos, duplicando a cifra de onte, e restando as altas, os casos totais chegan ata os 229 casos activos, 27 máis. Os hospitais hoxe presentan 13 (+4) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 2 (=)  na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES