Espazo Común presentará unha moción para que se devolvan os importes cobrados por servizos non prestados a causa da pandemia

As taxas de escolas deportivas e outras actividades que son de pagamento anual e non poideron levarse a termo, xa tiñan que ter sido devoltas polo Concello.

Demandamos que se faga de oficio a tódolos afectados e non só aos que vaia avisando o goberno como aconteceu ata o de agora.

AVANTAR ACTIVIDADES

MOCIÓN:

                 Manuel Vázquez Fernández, Adolfo Nogueira Campo e Érika Paz Rodríguez como concelleiros do Grupo Municipal de Espazo Común deste Concello e en base ao disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais e demais normativa que poida resultar de aplicación, presenta, diante do Pleno da Corporación esta  MOCIÓN PARA DEVOLVER ÁS FAMILIAS O COBRADO POR SERVIZOS MUNICIPAIS NON PRESTADOS DURANTE A PANDEMIA

en base á seguinte  

                                            EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A data do 15 de marzo de 2020 quedará fixada para sempre na memoria de moitos de nós. Ise foi o día no que a pandemia da COVID-19 obrigou a algo que, pouco tempo antes nos tería semellado imposible: paralizar a todo un país e obrigarnos a todos a pecharnos nas nosas casas. Dende entón ata o de agora, nada voltou a ser completamente normal e as nosas vidas e as nosas actividades, seguen a estar fortemente mediatizadas pola evolución ou involución do maldito virus.

Por suposto, toda vida fóra de tentar parar a expansión deste, quedou detida.

As economías de moitas familias vironse fortemente afectadas. Comercio, hostalaría, en fín, todo traballo non considerado daquela esencial.

No que atinxe ao Concello do Carballiño, a reacción en canto a apoio social para facer fronte a tanto inconvinte, foi bastante peor do desexable. A inexplicable tardanza en convocar as liñas de axuda ao tecido económico e outros factores acreditan esta triste realidade.

E para seguir na mesma dinámica, dende esta administración non se está a actuar con dilixencia e transparencia para cumprir coa lei no tocante aos servizos municipais xa cobrados antes daquela e non prestados.

Escolas deportivas, culturais, actividades para maiores… en todas elas, xa se fixera o pagamento das taxas correspondentes e a raíz do estado de alarma, non se levou a termo o calendario previsto, sendo case todas elas suspendidas ata o ano seguinte.

A lexislación é moi clara nisto e incluso o Decreto-Lei de 31 de marzo de 2020 que decrataba e regulaba o estado de alarma, fai fincapé nesta cuestión.

Moitos concellos xa optaron hai tempo por practicar de oficio devolucións ou compensacións a tódolos afectados, namentres, segundo se nos dixo no último pleno, aquí, só uns poucos foron avisados para que as solicitaran.

Dende Espazo Común temos a certeza de que a administración está na obriga de actuar de oficio e practicar a devolución de ditos importes a tódolos usuarios dos diferentes servizos que non poideron disfrutalos.

Visto todo o anteriormente comentado,

                                                                  SOLICITAMOS

  1. Que o Concello do Carballiño inicie o procedemento de oficio para a devolución dos importes proporcionais aos servizos municipais non prestados a causa da pandemia a tódolos usuarios