A Xunta realiza un simulacro do Plan de Emerxencia Exterior na planta de Cepsa, en Maside

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, acompañado do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou no simulacro de activación do Plan de Emerxencias Exterior de CEPSA para comprobar a eficiencia do operativo ante unha emerxencia real.  Durante o exercicio soou a serea que avisa á poboación en caso de activación do Plan de Emerxencia Exterior e simulouse un accidente de categoría 2 provocado por unha fuga de propano en fase líquida que se saldou cunha explosión da nube de gas e un posterior incendio no que resultaron 4 persoas feridas

 O operativo tivo lugar na planta de CEPSA, na antiga Estación de Ferrocarril, en A Touza. . Ata o lugar desprazáronse todos os operativos de emerxencias que deberían actuar nunha situación deste tipo.

No punto de mando, ubicado xa en zona fría, a unha distancia prudencial da nave na que se estaba actuando, cóntase un amplo dispositivo electrónico para seguir as actuacións, que ademais pódense ver en tempo real a través de dron.

A finalidade de levar a cabo estas actuación é a de detectar erros nas actuación que poidan ser solventados para que nunha situación real sexan máis efectivos. A Xunta aposta pola prevención como mellor ferramenta de resposta ante as posibles emerxencias, liña na que se enmarcan os Plans de Emerxencia Exterior elaborados polo Goberno galego.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------


VIDEO SPOT MASIDE en BADAL TV

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------