O Psedg pide transparencia e obxectividade no reparto de fondos dende a Deputación

O portavoz de Economía do Grupo Socialista, Juan Carlos Francisco, levará á Comisión de Economía que se celebra no Parlamento mañá venres, a partir das 10,30 h.,unha pregunta oral para reclamarlle á Xunta explique as medidas que adoptará para velar pola distribución de fondos públicos dende a Deputación de Ourense con “criterios obxectivos, transparentes e democráticos”.