Dentro das actividades dos X Premios D.O. Ribeiro primeira cata de viños

IES CHAMOSO LAMAS

Fotografías da primeira cata que se realizou onte con motivo dos Premios D.O. Ribeiro. Tivo lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel e foi impartida polo sumiller Eduardo Camiña, que presentou os viños brancos Cuñas Davia, Finca Teira, Mauro Estévez e Manuel Rojo, todos colleita 2020, e os viños  tostados Tostado de Costeira 2015 e Alma de Reboreda 2008. Durante a cata, a asociación cultural Platea Lúa sorprendeu aos asistentes cunha representación teatralizada en torno ao mundo do viño do Ribeiro e a súa historia con repartidor de caixas de viño, organizador de eventos e influencer incluidos!

SPORTUR GALICIA 2022

Unha semana de actividades

Pechará o ciclo o mércores 24 a afamada Master of Wine Amudena Alberca, cunha cata especial de viños da D.O. Ribeiro elaborados por mulleres, na que participarán catro grandes adegueiras que presentarán os seus viños e proxectos.

As catas terán lugar en diferentes salas do Centro Cultural Marcos Valcárcel (antigo edificio Simeón) na rúa do Progreso 30, a partir das 20.00 horas.

O prato forte da semana será a X Gala dos Premios D.O. Ribeiro, guiada polo actor e monologuista Federico Pérez e a xornalista Montse Estévez. Durante o evento, con aforo para 347 persoas e estrito protocolo de seguridade sanitaria, contará cun photocall, unha actuación musical e a realización dun mural en directo. A gala finalizará cun viño institucional do C. R.D.O. Ribeiro, Fillas D.O. Ribeiro 2020. Será o día 25, ás 19.00 horas, no Auditorio de Ourense.

O broche de ouro da Semana será a presentación dos catro viños gañadores dos Premios (dous brancos e dous tintos, de adega e de colleiteiro), harmonizados cunha esmerada selección de diferentes elaboracións de cociña asiática, que se gozarán con música en vivo, nun